Wednesday 15 de May de 2024

Novas xornadas para a preparación dos Celga 2 e 4


O SNL da Mancomunidade de Ordes desenvolverá gratuitamente esta nova iniciativa formativa dende o 2 de outubro ao 6 de novembro. Aberto xa o prazo de inscrición
6 de setembro de 2018. O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes anuncia o comezo dunhas novas xornadas para a preparación dos exames oficiais de lingua galega Celga 2 e 4, os cales terán lugar o vindeiro mes de novembro.
As ditas xornadas terán unha duración total de 20 horas, dando comezo o 2 de outubro e finalizando o 6 de novembro. Desenvolveranse os martes e xoves de 10 a 12 horas e serán de balde para as persoas que queiran participar. As inscricións xa se poden realizar nas oficinas da Mancomunidade de Ordes, situadas nos baixos da alameda de Ordes, tendo como prazo máximo ata o próximo 27 de setembro.